9 de xaneiro de 2019

2º ESO. TEMA 3. A INVENCIÓN DO ENTOMODELFO. Lectura

Ramón Lamote, debuxante de soños por encarga, estaba moi ocupado en deseñar un, cando timbrou o teléfono.
–Diga?
–Son don Andrés Fernández. A miña señora, dona Leonor, é a presidenta da Asociación de Mulleres da súa Casa que Fan un Gasto Considerable en Pescada Fresca, coñecida tamén como AMCFGCPF. Pasadomañá teñen prevista unha conferencia no seu local social e xa non queda na cidade ninguén que non falase aló, porque teñen conferencias todas as semanas, polo que terá que ir vostede.
–E canto pagan?
–Pagar? Vostede é tolo. Pagarlle por falar?
–Eu, se teño que dar unha conferencia, preciso dedicarlle un tempo á súa preparación e, penso, teño dereito a que se me aboe ese meu esforzo.
Ante tal pretensión, don Andrés Fernández deu por rematada a conversa e colgou o aparello. Aos dez minutos timbrou de novo o teléfono.
–Mire, son dona Leonor Rovira de Fernández... A cousa é que... terá que ser vostede o que fale pasadomañá. Doulle 10 euros...
–E de que hei de falar?
–Dalgún animal caseño, iso é o que máis nos gusta...Non poden ser nin o can, nin o gato, nin peixes, nin paxaros... e non veña con animais bastos de aldea, coma vacas, cochos, bestas, ovellas e demais. Teña en conta a clase de xente que formará o seu auditorio e mais a categoría da Asociación...
Xa no leito, Lamote cavilou sobre a conferencia. De que animal había disertar? Deulle voltas ao miolo e nada se lle ocorría, pero con estas e con outras, pasaron os días e deu a hora da conferencia...
«O tema da miña disertación será “Xeneralizacións sobre da cría, costumes e posibilidades de utilización no fogar do entomodelfo”. Como a maioría de vostedes xa sabe, o entomodelfo é un mamífero ovíparo orixinario de Groenlandia. Coñecido cientificamente como Marsupíctero marsupíctero, non sería esaxerado dicir que é algo desgraciado nos seus primeiros tempos de vida, pois a nai, despois de poñer un único ovo, vese instintivamente forzada a emigrar ao suroeste asiático, polo que deixa a cría abandonada á súa sorte. Isto supón o primeiro trauma para o entomodelfo, posto que é un animal mamífero. Mais a vida é a vida e o noso entomodelfo non pode máis ca procurar a mantenza pola súa conta, mantenza que atopa na castaña cocida, que será para sempre o seu principal alimento... A cousa é que a castaña pode ser considerada como a súa base alimentaria, polo que resulta doado velo apañando nelas polo outono nalgúns soutos do Courel.
»O espallamento do mal da tinta, que tanto prexudica os castiñeiros, está a situar en grave perigo a supervivencia do entomodelfo, polo que un equipo de investigadores intentou axeitalo a un novo tipo de alimentación: así, despois de dezanove días de ensaios nos establecementos da rede McDonald’s, tiveron oportunidade de comprobar que o entomodelfo non está capacitado nin mental, nin organicamente para a gastronomía moderna, polo que decidiron deixalo á súa sorte...
»Mais non esquecín, distinguidos oíntes, o motivo primeiro da miña presenza aquí, que vén dada polo tema xenérico de animais domésticos, e agora penso, cómpre pola miña parte darlles unha referencia da actitude do entomodelfo na súa relación coas persoas. É un animal pouco molesto na casa se non o meten en discusións de tipo político ou social, ao tempo que podemos tamén asegurar os seus hábitos de limpeza, ademais do estético da súa presenza... Pon algo de cara de riso diante de certas visitas, pero ten sempre ben amañado o lugar que se lle destina a cuarto...
Na época de celo asubía, moi afinadamente, retallos de coñecidas composicións musicais. E agora debo dar conta do trazo máis característico do animal de que ando a falar... O entomodelfo asubía e canta, dispensando, polo cu...
Murmurios fortes no público.
»E con isto remato a miña disertación sobre o entomodelfo».
A xente aplaudiu máis do que Lamote supuña. Dona Leonor e tamén os demais quedaron algo confusos coa intervención do conferenciante, pero calaban a boca para non comprometerse uns cos outros. O noso home apalpaba os cartos no peto mentres respondía as preguntas do público. Tan pronto como puido, pechou o acto e intentou coller cara á porta. Estaba a piques de botarse fóra cando se lle achegou unha nena, preciosa, duns sete ou oito anos.
–Quería amosarlle o meu entomodelfo. Aquí o ten. Chámanlle Monaxelo.
E era o entomodelfo máis fermoso que Lamote vira nunca.
Un magnífico exemplar que contestou ao saúdo do home chiscando con picardía o ollo esquerdo...
                                                  PACO MARTÍN , Das cousas de Ramón Lamote. (Adaptación)

ACTIVIDADES:
1. Busca o significado de todas as palabras da lectura, que non entendas:


2. Analiza a conferencia de Ramón Lamote e responde.
• Cal é o tema?
• O autor usa un rexistro lingüístico coloquial ou formal?
• Houbo coloquio final?
• Lamote leva a conferencia ben preparada? Por que?
• Como reaccionou o público ao final da conferencia?
E os que o contrataron?
3. Explica o sentido que ten o final do texto. Como é posible que a nena teña un entomodelfo?

VOCABULARIO:

SINTAXE:

1.- Subliña o grupo do suxeito nas seguintes oracións e rodea o núcleo de cada unha:

Os profesores teñen unha reunión esta tarde.
A nai de Neves colleu o tren das dúas e media.
Vós sempre paseades por esta praia.
Esa montaña ourensá é a máis alta de Galicia.
Onte Paulo marcou dous goles de cabeza.
Eu esquecín as lentes de sol na piscina.
Gústame moito esta paisaxe de montaña.
O xoves pasado veume ver meu padriño.
O vermello é o máis adecuado.
Iso non pode ser certo.
Dóeme o ollo esquerdo.
O meu non cabe pola porta.
A min  interésame máis o pequeno.

Clasifica os suxeitos anteriores nas seguintes categorías: Grupo  nominal, Pronome, Adxectivo substantivado.

2.- Indica cales das seguintes oracións carecen de suxeito (impersoais) e cales teñen o suxeito omitido:

Na rúa non había xente.
Comeremos ás dúas no restaurante do río.
Viñeron comigo ata a casa.
Din que van facer un encoro preto da nosa vila.
Díxenche a verdade desde o principio.
Onte orballou toda a tarde.

3.- Subliña o predicado das seguintes oracións e clasifícao en verbal (PV) ou nominal (PN):
Xoán xogará este partido na dianteira.

Aquelas árbores plantounas aí o meu avó.
O gato da irmá de Ana está moi gordo.
Eu xa bebín dúas xerras de auga.
A Henrique gústanlle moito as uvas.
Esta semana meus pais viaxarán a Roma.
A miña nova compañeira de clase enfermou.

4.- Subliña o Atributo nas seguintes oracións e indica a categoría gramatical que desempeña esta función:

A miña nai parecía preocupada por algo.
O director estaba pechado no seu despacho.
Ela é de Ourense.
Seu pai é veterinario.
Fíxose rico en América.

ORTOGRAFÍA:

1.- Pon todos os acentos gráfico que cumpran:

Para alguns e moi facil, sen embargo, a outros resultalles ben dificil. Ainda asi da igual, porque o certo e que desde que nos levantamos ata que nos deitamos, desde a maña ata a noite, pasamos o dia tomando decisions. A maioria das veces tratase, sen dubida ningunha, de asuntos superficiais; pero en bastantes casos enfrontamonos a cuestions trascendentais.
Calquera eleccion pasa por un proceso de preparacion. Sopesanse as alternativas e elixese a mellor entre elas. Non obstante, e imposible coñecer todas as posibilidades que existen e, ademais, nunca eliximos a optima, senon so a mais satisfactoria.

2) Elixe a opción correcta en cada paréntese:

Fun ao cine  (co – có) meu compañeiro. Aquel é  máis caro (co – có) noso.
Había moita xente (no – nó) concerto.  O mariñeiro fixo un (no – nó) para suxeitar ben a barca ao peirao.
A (nos – nós) non (nos –nós) gusta facer (nos –nós ) coas cordas grosas.
Onte estiven (cos – cós) teus pais.  Os de fóra son peores (cos – cós) de aquí.

3.- Elixe a opción correcta en cada paréntese:

Vai mercar unha (bola – bóla) de pan. Os rodamentos son caixas de (bolas – bólas).
Pasou o río (pola – póla) (pola – póla) dun carballo. A (pola – póla) pon moitos ovos.
Vai (fora – fóra) e trae leña para o lume.  Lembro cando o ano pasado eu (fora – fóra)  a Ourense contigo.
Antes de dedicarse á política (fora – fóra) avogado en Vigo.
A miña irmá doíanlle varios (osos – ósos). Os (osos – ósos) atacaron os cortizos daquela alvariza.
O próximo ano quizais (compre – cómpre) un traxe novo. (Compre – Cómpre) que esteades atentos á explicación.
Eu non  (vos – vós) impido que marchedes.  Pregúntovolo a (vos – vós).

4.-  Elixe a opción correcta en cada paréntese:

Fun (a – á) festa con el e  díxenlle (a – á) verdade.
(As – Ás) aguias teñen  as (as –ás) enormes.
Esta é mellor (ca – cá) túa. É máis rápido (ca – cá) min.
A figueira (da – dá) eira (da – dá) moitos figos.
Ti nunca (das – dás) (das – dás) túas.
Cómpre ter (mais – máis) paciencia con el.
Podía facelo (mais – máis) non quero.

5.- Emparella cada palabra co significado ou función que lle corresponda:

- presente de vir (P3) - parte do corpo
- encoro                          - presente de vir (P2)
- prendida                      - pronome átono 2ª persoa
- presente de ser            - nome de letra
- presente de ver             - imperativo de vir
- nome de letra                - e mais
- presente de ver             - apuro

6.- Completa este texto con VÉN, VEN, BEN:

 Vese ______________ desde aí? Eu creo  que aqueles rapaces que están alá arriba non___________ nada. Ti ______________ para o meu lado, que aquí estase moi ____________; e cando  pases por onda Xaime, dille se _______________ el tamén.

8 de xaneiro de 2019

1º ESO. TEMA 3. A CAÍDA DE SILVANO. Lectura

A Silvano mudoulle a vida cando caeu da cerdeira. Non fai falta dicir que o rapaz era o mesmo demo. O caso é que a póla na que estaba dacabalo esgazou pola galla e aló foi o rapaz levado pola forza da gravidade (que caer do curuto dunha cerdeira é sempre accidente de gravidade). E... pataplaf!, petou no chan cun peto xordo e seco.
–Ai, condenado de rapaz... –berrou a nai desde a ventá da cociña cando o viu pasar.
A muller botouse a correr dando berros cara a onde estaba o corpo inerte do seu fillo.
–Ai, meu Silvaniño querido –dicía axeonllada ao pé del–. Volve en ti, queridiño!
Como a boa muller seguía a dar uns berros que fendían as pedras, logo chegaron o pai e algúns veciños. Meteron a Silvano nun automóbil e arrearon para o hospital a todo meter.
No hospital puxeron o rapaz nunha padiola e levárono. Os pais tiveron que agardar na sala de espera, onde rifaron un co outro por mor de quen tiña a culpa de que Silvano subise á cerdeira. E nestas estaban aínda cando chamaron por eles para lles dar información sobre do estado do rapaz. Acompañáronos ao cuarto onde estaba Silvano coa cabeza vendada. Dixéronlles que non lle falasen moito porque aínda estaba conmocionado do golpe, polo que non puideron ceibarlle a rosmadeira que levaban preparada por subir á cerdeira.
Ao entraren, Silvano abriu un pouco os ollos, reparou neles e falou baixiño:
–uosap em euq ogol E
Os pais olláronse entre si sen comprender nada. Despois viraron cara á enfermeira.
–Aínda está conmocionado e non se lle entende ben o que di.
Para o outro día pola mañá cediño entraron outra vez os pais no cuarto onde estaba o rapaz, que os recibiu moi ledo e dando brincos na cama:
–adan iof non ,neb uotse aX
–Son vostedes os pais? –preguntou o médico.
 –Somos –comezou a dicir o pai... desconcertado de oír o fillo falando nun idioma raro.
–Xa vexo que me entenden ben. A ver se nos poden traducir o que di o seu fillo.
 Pero xa ían tres días daquel xeito raro de falar de Silvano sen que ninguén dese comprendido o que dicía nin atopase explicación á causa que lle virara a fala ao rapaz, cando levaron a velo a súa avoa Elvira.
–rev seseñiv em euq ed uotse otnetnoc euq ,añíova iA
–E logo non había vir, meu rei?
–nednetne em non euq nid siameda ,rías naxied em non e odarrecne íuqa emneñéT
–E será que aínda non estás ben de todo.
Os pais de Silvano asistían á conversa entre neto e avoa coa boca aberta. Falaban coma se se entendesen.
–Pero logo ti entendes o que fala o rapaz? –preguntou o pai.
–E non hei entender. Non é, meu rei, que nos entendemos coma sempre?
–erpmes amoC –respondeu Silvano.

A enfermeira saíu a correr e non tardou en regresar acompañada dunha médica, dous psicólogos, outra enfermeira e un celador.
–Pero vostedes non saben o que lle pasa ao meu neto? Meu santiño, estes non se decatan de que polo golpe che deu un desfalar.
–Un desfalar? –preguntou un dos psicólogos que nunca tal oíra.
–O desfalar é cando cun golpe se che revira a fala. Iso é o que lle pasou ao meu neto. Que agora fala do revés.
                                                                             Xabier P. Docampo , Historias para calquera lugar.

ACTIVIDADES:
1. Indica se as seguintes afirmacións son (V) verdadeiras ou (F) falsas e corrixe as falsas.
Silvano caeu do tellado da casa.
A nai de Silvano botouse a correr dando berros cara a onde estaba o corpo do fillo.
Silvano foi ao hospital en ambulancia e alí os pais ceibáronlle unha rosmadeira.
Os médicos pensaron que Silvano e seus pais falaban noutro idioma.
A avoa entendía o rapaz porque tamén falaba alemán.
2. Busca o significado das palabras que non entendas na lectura:

3. Explica o que queren dicir os enunciados «Silvano era o mesmo demo» e «arrearon
para o hospital a todo meter».

4. Cres que Silvano foi un irresponsable? Explícao.

VOCABULARIO:
O SUBSTANTIVO


1. Escribe un substantivo propio que corresponda a cada unha destas realidades:
río cidade aldea
vila persoa alcume
colexio montaña cabalo

2.- Escribe unha oración con cada unha da seguintes palabras. Ponlles diante o artigo que corresponda:
paréntese
leite
lume
suor
calor
nariz

3.- Corrixe os erros  que haxa nas seguintes oracións:
A sal e a mel subiron de prezo.
Esa cárcere é de máxima seguridade.
O calor era excesivo e o suor molesto
Chorreaba moito sangue polo nariz
Principiamos o viaxe atravesando o ponte.
O dor de moas é insufrible
O paisaxe era indescriptible.
Os últimos mensaxes foron para ti.

4.- Identifica o substantivo de cada serie que non se corresponde cos demais polo xénero:
Porta –  máquina – leite – burbulla
Arte – cabalo – peixe – alambique 
Beirarrúa – lixivia – afirmación – sangue
Xarope – árbore – autobús – pastor
Calor – espertador – reloxo – vento
Oración – cárcere – serpe – nube

Tren – viaxe – cristal – helicóptero

5.- Escribe o nome da árbore que dá os seguintes froitos:
a noz a castaña a abelá
a améndoa a mazá o marmelo
o figo a oliva o pexego
a cereixa a néspera o limón

6.- Escribe os substantivos abstractos que se corresponden cos adxectivos seguintes:
duro ...... dureza     branco....................... alto..........................
novo...................     alegre.................. amable....................
verde ....................     honrado..................... doce..........................
valente...................     igual ................... escaso..........................

7.- Emparella cada substantivo individual co colectivo que lle corresponda do recadro:
Enxame, rolada, rabaño, manda, souto, acio, bandada, banco, carballeira, recua, ramo, orquestra.

Ovella............................    elefante ........................ flor.............................
Besta.........................          pito...........................         uva..........................
Paxaro.......................             abella...................... castiñeiro...............
Carballo......................... músico .......................... peixe.......................

8.- Substitúe os castelanimos subliñados polo termo galego correcto:

O bebé durmía na cuna.
Unha señal de dirección prohibida.
Ten na casa unha codorniz.
Ese árbol da moita sombra
Xa recollín o análisis de sangue.
Non facer os deberes é mala costumbre.

9.- Pon en plural os substantivos  e adxectivos subliñados. Fai os cambios necesarios para manter a concordancia.
Un rapaz xogaba ó fútbol.
Aquel can era moi feroz.
Hai que apagar esa luz.
Levaron alí unha cruz.

10.- Forma os femininos dos seguintes nomes:
xefe ....................................can...............................avó ......................
xuíz ....................................ladrón ................. curmán.....................
rei...................................    sultán ...................... sacerdote.........................
asturiano........................   alemán...................... deus................................
pai.................................     profesor ......................caldelán.......................
cabalo...........................    actor.......................... irmán..............................
home............................     poeta..................... padrastro........................
emperador.....................   príncipe...................... boi............................
macho.............................. xenro ......................... abade

11.- Pon en plural as seguintes palabras:
rei.................................... alelí .................................. peixe................................
cantor............................. lapis.............................. túnel..............................
calor................................ val............................. caravel............................
proxectil ..........................     débil ......................... cadril..............................
animal...........................  portugués..................... farol.................................
álbum.............................. baúl................................ azul.....................................

12.- Pon en plural os substantivos e adxectivos das oración seguintes. Mantén a concordancia.
No menú incluíron ollomol e pescada.
Algún rei incumpre a lei.
O ceo azul é sinal de bo tempo.
É áxil coma un esquío.
O exército avanzaba polo val cara a cidade.
Percorrín o piñeiral.

13.- Cambia ó feminino as palabras subliñadas:
Agora xa non é tan bo.
Xa falei co avó.
Non abriu porque estaba nu na ducha.
Estaba na casa
O médico díxolle que estaba moi san.
Aínda está cru: ten que cocer máis.

14.- Corrixe os erros que haxa nas seguintes oracións:
As leises fanse para cumplilas.
Sempre foi unha cidadana exemplar.
Faltan as sinales de tráfico desta estrada.
No cano dos fusiles colocaron caraveles.
María é catalá e Inés asturiá.
A garaxe está pechada.

ORTOGRAFÍA

1.- Completa as palabras coas sílabas do cadro. Todas son graves. Logo acentúa as que o precisen:
Mil – ter – bil – tex – so – te – rez – mic – tar – bal – ron – xas 

Cra… la…     co… cani…
Rapo…         verosi…     presiden… alfé….
De… vivi…     nec… cerve…

2.- Nestas oracións hai palabras graves. Búscaas e acentúaas correctamente:

O meu amigo Vítor traballa nunha fábrica textil.
Oscar dixo que o exame fora dificil.
Eles viaxaron ata Cadiz en automobil.
O señor Martinez mercou un duplex no centro da cidade.
Gomez, o noso dianteiro, é moi habil coa pelota.
Cesar ten uns biceps enormes porque vai a diario ao ximnasio.
Da miña viaxe ao Perú trouxen un poster dun condor.

3.-  Completa estas oracións cunha palabra grave con acento gráfico:

Unha vaca é un mamífero e un lagarto é un…
Para atravesar a montaña o tren pasa por un …
Unha cousa que se pode romper ou crebar é unha cousa…
Unha cousa que está quieta e sen moverse é unha  cousa que está …
O corpo dunha persoa morta é un…
A moeda que se usa nos Estados Unidos é o …
Unha persoa que se move sen dificultade e de forma lixeira é unha persoa…

4.- Separa en sílabas as seguintes palabras, distingue as esdrúxulas das sobreesdrúxulas e acentúaas:
tranquilisimo hipotese nadega
calida mascara pasallelos
marabilloso abandonar pensamento
asegurovolo arbore mecanico

5.- Nas seguintes oracións hai palabras esdrúxulas e sobreesdrúxulas. Recoñéceas e acentúaas:

Eles contaronllelo a Veronica, pero ela  non o cría.
Á nena foraselle a febre cando chegou o médico.
Aquela postura tan incomoda deixoume os musculos doridos.
Esta cancion tan romantica dedicaremosllela a meus pais.

6.- Le estas palabras reparando en como as pronuncias:

pais –país puido – ruído   filloa

Sepáraas en sílabas e subliña a sílaba tónica:

Clasifícaas en hiatos e diptongos:


Fai o mesmo coas seguintes palabras
Aula baúl coello viviu
Viúvo balea suor dúo
Frecuente posúe puiden influír

7.- Completa as seguintes palabras coas dúas vogais que faltan. A continuación clasifícaas segundo teñan hiato ou diptongo:
ac_____tico abot_____r cl_____nte rem____ño
oliv____ra distrib_____r papeler_____ dinos____ro
alegr____ circ_____to x_____z capic____
benefic_____so b_____logo astron_____ta p____ta

DITONGOS


HIATOS







8.- Xustifica por qué levan  ou non levan til as seguintes palabras que conteñen hiatos

peón
coello
océano
ideal

9.-  Pon os acentos gráficos necesarios nas seguintes palabras que conteñen hiatos de dúas vogais abertas:
acordeon perdoar          poetico     xeonllo
boxeo leons baseanse     contraer
aereo cacao Xoan      perdoame

10.-  Observa estas palabras. Todas teñen un hiato formado por unha vogal aberta (a,e,o) átona e unha vogal pechada tónica.O acento gráfico recae sempre na vogal pechada tónica.

Egoísta dúas saúde cafeína

Tendo en conta o anterior, pon os acentos gráficos necesarios nestas palabras con hiatos de vogal: aberta(a,e,o) átona e vogal pechada tónica (i, u):

Austriaco ataude rua          desvio tuas
Proteina         bailaria         ainda  cadansua oir
Periodo        coñecian         acentuo          envie sua

11.- Repara nestas palabras . Todas teñen un hiato formado por dúas vogais pechadas (i,u). O acento gráfico recae sempre na segunda vogal, que é  a tónica.

Ruído fiúncho destruír ruín

Tendo en conta os exemplos anteriores, pon os acentos gráficos necesarios nestas palabras que conteñen hiato de dúas vogais pechadas (i, u)

Oriundo atribuir         altruista Luis fluido
Circuito viuvo xuiz miudo Luisa

Gratuito influir fiuncho muiño destruir






25 de novembro de 2018

LINGUA E LITERATURA 2º ESO TEMA 2

COMPRENSIÓN ESCRITA:
Sabela

Cando eu andaba estudiando era un mozo das romarías, baila­dor e divertido. Non había festa na vila, nin nos arredores, on­de non aparecese danzando como unha buxaina escaravelleira.

Entón o agarradiño aínda era un pecado venial, e bailabamos con tino, para que os vellos non refungasen.

Había na vila unha rapaza do meu tempo, xeitosa de corpo, fei­tiña de cara, leda de xenio, traballadora de condición, peixeira de oficio e limpa de conducta, pero picante nos dicires. As súas palabras tiñan o labio salgado dos mariscos.

Andaba descalza, e os engados da súa carne non tiñan segredo para os ollos de ninguén. Os pés lenes, as pernas brancas, os brazos redondiños. O corpo era un gran corazón plisado. Cantaba como un xílgaro e bailaba como un argadelo.

Era a rapaza máis fermosa da vila, e dábase conta do seu po­derío. Escarolábase, burlona, cando os señoritos forasteiros lle facían a rosca e transformábase, compasiva, cando os mozos do seu igual criaban o pasmo.

Ela gustaba de contar na ribeira os perigos en que se metía, e as pescas retorcíanse de risa cos ditos da rapaza, que descu­bría, de miúdo, todas as súas enchoiadas amorosas.

Nos días de festa parecía outra. A saia longa, a chambra de fro­les, o pano de oito puntas. Unha lazada verde na trenza do pelo. A cara con certo remilgo de señoritinga. Os andares coutados, por mor dos zapatos... Ata bailar tres veces non xurdía na súa fa­ce a risa escachada dos días soltos. No retorno da festa entraba na casa cunha cantiga nos beizos e cos zapatos na man.

A primeira vez que bailei foi con ela.

Eu dedicábame, nos meses de vacacións, á vida de gandaina, e cando me fixen mozo quixen ser un tunante; pero non sabía bailar. Eu reloucaba por aprender ben o agarradiño e lucirme nas romarías, pero non lles daba xeito ás pernas.

Unha noite atrevinme:

Queres que botemos esta polca?

E ti sabes?
Imos ver

A rapaza comprometeuse a ensinarme, e eu pagáballe coa mi­ña ledicia de estudiante. Empecei dando voltas á dereita. Ela le­vábame... «Agora dous pasiños de lado. » «Agora outra volta.» «Dálle máis aire ó corpo». «¡Non saímos do sitio!» “Ai, que burro!» «Así, home, así.»
«Agora vai ben».
Pouco a pouco fun aprendendo, e non tardei en bailar valses e mazurcas con certa mestría. Despois xa me fixen bailador. De remate, os dous fixemos unha das mellores parellas.

A rapaza e máis eu estabamos unidos polo baile. Queriámonos ben, pero non sentiamos desacougos amorosos.

Marchei da vila cangado cun título universitario. Perdín a moci­dade, fíxenme home; o baile chegou a parecerme cousa de par­vos, e hai moitos anos que nin tan sequera vexo bailar. Cando se proclamou a República lanceime á política e saín Deputado das Constituíntes. A miña vila quixo agasallarme e alá fun eu.

Desembarquei baixo o estrondo das bombas e entre o entusias­mo dos vellos amigos, que acugulaban o peirao e a ribeira. O azougamento non me deixaba camiñar, e se sodes sentimentais comprenderédes a miña emoción, porque a vila natal non é co­ma todas as vilas.

Cheguei á casa de meus pais, e na beira da porta vin a unha muller. Era gorda de ventre, de pernas e de brazos, a cara infla­da e vermella; a boca sen dentes; a postura de regateira.

Miroume, fite a fite, cos ollos mergullados en bágoas, e ó pasar a carón dela bisboume con voz estremecida estas palabras:

Meu bailador!
                                                                                                                                   Castelao: Retrincos

a) Consulta o significado da seguintes palabras do texto:

LENE

ARGADELO

ESCAROLARSE

ENCHOIADAS

COUTADOS

AZOUGAMENTO

BUXAINA

b) Con que compara Castelao a forma de falar de Sabela?

A que se debe esa comparación?

Cando Castelao volve á súa vila despois de ser elixido deputado, como recoñece a Sabela?

Por que a vila natal non é como todas as vilas?

c) Emparella cada palabra co seu significado: RELOUCAR, CANGAR, ACUGULAR:

- Aturar algo que resulta desagradable………..
- Encher por completo un lugar………………..
- Desexar unha cousa con moita ansia………..

d) Explica o significado destas expresións do texto:
criaban o pasmo

vida de gandaina

fite a fite


d) En que lugares se desenvolve a acción?

e) Que personaxe aparece en primeiro lugar?


f) Sabela é un relato autobiográfico. ¿Que dous momentos da vida de Castelao están representados nel?

g) Localiza tres comparacións que aparezan no texto:




h) Dise (1) ou dedúcese (2):

Sabela era pobre
Sabela era simpática
Sabela era a moza máis fermosa da vila natal de Castelao.
Castelao aprendeu a bailar con Sabela
Castelao chegou a aborrecer o baile.
Castelao foio un político durante a República.
O mozo Castelao era moi alegre e festeiro.


VOCABULARIO:

1) Pon á beira de cada adxectivo o substantivo primitivo ou derivado que lle corresponda:

2) Substitúe os seguintes castelanismos polas formas correspondentes galegas:

ventanilla
sillería
sillón
taquilla
casilla
alquiler
casa consistorial
casa solarega
axuntamento




3.- Pon os rótulos que correspondan a cada debuxo


Fiestra, soto, soleira, bufarda, lintel, peitoril, zócolo, xanela, cano, alicerces, cornixa, trabe, sobrado, chanzo, faiado, aldraba, bordo, foxo, alboio, beiril.

4.- Forma catro campos semánticos coas seguintes palabras e define cada un deles:
chambra, ferro de pasar, anel, reloxo, enxoval, sabas, almofada, lavalouza, garfo, perla, sortella, gravata, faldra, caparuza, fibela, xoia, gravadora, culler, farrapo, cobertor, coitelo.
a)
b)
c)
d)

5.- As seguintes palabras son sinónimas, agás unha. Sublíñaa.

Farrapento – baldreu – preguiceiro – luído – raído – zarapalleiro

6.- Coloca en cada debuxo a palabra correspondente:

Ola, tarteira, tixola, grella, coador, escorredoiro, funil, espremedor, pa, escumadeira, crebanoces, cullerón, 
cunca, azucreira, culler, garfo, xerra, relador, tirarrollas.

7.- Relaciona cada parella de adxectivos co verbo correspondente:
feble, fraco                                                                                                   embriagarse
bébedo, ebrio                                                                                               adelgazar
gordecho, repoludo                                                                                      encherse
lambeteiro, larpeiro                                                                                     engordar


8.- Pon ao lado dos castelanismos a correspondente forma galega do recadro:
membrillo                                               plátano
golosina                                                  salsa
parrilla                                                    sartén
comilona                                                 merluza
alubias                                                    garbanzo
zanahoria                                                rallador
ORTOGRAFÍA
1.- Volve a escribir este chiste poñendo os signos de admiración e interrogación que faltan:
Atópanse dous amigos, e un coméntalle ó outro:

—Estou desconcertado. O outro día apareceu un pingüín na ca­sa e non sei que facer con el.

—Por que non o levas ó zoo.

—Ah, boa idea. Vou probar.

Volven a encontrarse quince días despois.

—Ola, leváches o pingüín ó zoo.

—Non me fales. Foi peor o remedio cá enfermidade... Gustoulle tanto que despois tíveno que levar ao circo e agora quere ir ao futbol.


2.- Pon todos os acentos gráfico que cumpran:

Para alguns e moi facil, sen embargo, a outros resultalles ben dificil. Ainda asi da igual, porque o certo e que desde que nos levantamos ata que nos deitamos, desde a maña ata a noite, pasamos o dia tomando decisions. A maioria das veces tratase, sen dubida ningunha, de asuntos superficiais; pero en bastantes casos enfrontamonos a cuestions trascendentais.
Calquera eleccion pasa por un proceso de preparacion. Sopesanse as alternativas e elixese a mellor entre elas. Non obstante, e imposible coñecer todas as posibilidades que existen e, ademais, nunca eliximos a optima, senon so a mais satisfactoria.

3) Elixe a opción correcta en cada paréntese:

Fun ao cine  (co – có) meu compañeiro. Aquel é  máis caro (co – có) noso.
Había moita xente (no – nó) concerto.  O mariñeiro fixo un (no – nó) para suxeitar ben a barca ao peirao.
A (nos – nós) non (nos –nós) gusta facer (nos –nós ) coas cordas grosas.
Onte estiven (cos – cós) teus pais.  Os de fóra son peores (cos – cós) de aquí.

4.- Elixe a opción correcta en cada paréntese:

Vai mercar unha (bola – bóla) de pan. Os rodamentos son caixas de (bolas – bólas).
Pasou o río (pola – póla) (pola – póla) dun carballo. A (pola – póla) pon moitos ovos.
Vai (fora – fóra) e trae leña para o lume.  Lembro cando o ano pasado eu (fora – fóra)  a Ourense contigo.
Antes de dedicarse á política (fora – fóra) avogado en Vigo.
A miña irmá doíanlle varios (osos – ósos). Os (osos – ósos) atacaron os cortizos daquela alvariza.
O próximo ano quizais (compre – cómpre) un traxe novo. (Compre – Cómpre) que esteades atentos á explicación.
Eu non  (vos – vós) impido que marchedes.  Preguntouvolo a (vos – vós).

5.-  Elixe a opción correcta en cada paréntese:

Fun (a – á) festa con el e  díxenlle (a – á) verdade.
(As – Ás) aguias teñen  as (as –ás) enormes.
Esta é mellor (ca – cá) túa. É máis rápido (ca – cá) min.
A figueira (da – dá) eira (da – dá) moitos figos.
Ti nunca (das – dás) (das – dás) túas.
Cómpre ter (mais – máis) paciencia con el.
Podía facelo (mais – máis) non quero.

6.- Escribe á beira a palabra correspondente:


- presente de vir (P3) - parte do corpo
- encoro                                                - presente de vir (P2)
- prendida - pronome átono 2ª persoa
- presente de ser - nome de letra
- presente de ver - imperativo de vir
- nome de letra - e mais
- presente de ver - apuro

7.- Completa este texto con VÉN, VEN, BEN:

 Vese ______________ desde aí? Eu creo  que aqueles rapaces que están alá arriba non___________ nada. Ti ______________ para o meu lado, que aquí estase moi ____________; e cando  pases por onda Xaime, dille se _______________ el tamén.

8.- Escribe B ou V nestas palabras derivadas de verbos rematados en -BIR ou -VIR:

Convi___ encia pre__ención incum___encia
Exhi___ición inser___ible cohi____ido
Reci___imento inter___ención sobrevi____ente
Con___eniente prohi___ición desa_____inza


9.-  Completa con N ou Ñ  segundo conveña:

ensi____anza qui___entos pa____o cami___ante
xardi____eiro adivi____a caba____a ama____ecer
comu____ón compo____ente enga____oso ali____ación
endemo___ado ca____onazo ra____ura ca____a
si____al alba____el enxe___eiro seca____o
adivi___o peregri____o mari___o menci____a
divi____o gasoli____a da____i____o medici___a

10.- Colca H onde sexa preciso:

__ipermercado __idroeléctrica __ipotético ___etéreo
__ipoteca __omosexual __idóneo ___omófonas
__emorroide __idroavión __ipérbato des__idratar
__ipocrisía __ipérbole __idróxeno ___omoplata
­­__eterosexual __ematoma __ídolo ___órreo


11:-  Completa con A ou E:

v__ntax__ __nano v__rnizar m__rmelada r__sgar
__valiación rom__ría as__mblea r__baño x__drez
as__sinato __st__leiro

12:- Completa con E ou I:

__dade v__spera corr__xir d__señar l__xivia
m__llor d__buxar camp__onato pav__llón d__sculpa
ch__m__nea fem__nino m__tade cran__o v__nganza